Como funciona o noso comparador de factura?
Asegúrate de que non supere os 10 MB e que sexa en formato PDF.
Analizaremos os teus datos e ofrecerémosche unha tarifa adaptada aos teus hábitos de consumo.
Benefíciate, ademais, dos descontos mensuais en telefonía.
E máis ventaxas con Yoigo LUZ y GAS
Descontos de benvida
Tes 30€ de desconto na túa factura da luz por vires a Yoigo LUZ y GAS.
Luz 100% verde
De fontes renovables e limpas. Ademais, se contratas gas, compensamos a túa pegada de carbono.
Unha App para a túa tranquilidade
Toda a túa xestión nun mesmo lugar. Revisa e contáctanos en calquera momento.
Sen permanencia
Es libre de elixir. As nosas tarifas non teñen permanencia.
Plan de amigos
Trae amigos a Yoigo LUZ y GAS e consigue 20€ de desconto (IVA incl.) para ti e para todos os que contraten luz.
Non hai dous sen tres
Une Luz + Gas + Telefonía e lévate 9€/mes de dto. (IVA incl.) na túa factura de teléfono por ser de Yoigo LUZ y GAS.
Completa a túa tarifa de luz
Tarifa Estable de Gas
Xa es de Yoigo?
Desconto de 3 €/mes (IVE incluído) na factura de telefonía.
Prezo estable 24h Sen permanencia
Tes preguntas? Dubidar é de persoas sabias
O formato aceptado é PDF e non debe superar os 10 MB de tamaño e peso. Ademais, todos os datos deben verse coa mellor calidade posible para poder identificar e analizar os detalles da factura e así poder ofrecerche unha proposta adaptada ás túas necesidades.
Por suposto! Pódese subir calquera factura de luz de calquera comercializadora á que pertenzas actualmente.
Só debe ter a calidade suficiente para que os detalles esenciais, como o consumo e o prezo da enerxía, sexan visibles e identificables polos nosos sistemas. Abonda con que a imaxe estea encadrada e se poidan ler os números e as letras, nada máis.
Non te compromete a nada. Usamos os datos que aparecen na túa factura para calcular e desenvolver unha proposta adaptada ás túas necesidades. Despois es ti quen decide se contratar ou non. Só che lembramos que connosco non tes compromiso de permanencia, nin agora nin despois.
Os teus datos tratámolos soamente coa finalidade de poñernos en contacto contigo por distintos medios, electrónicos ou non electrónicos, e así ofrecerche as propostas de enerxía que máis se poidan adaptar a ti.
Ás veces pasa, pero non é o único xeito de contactar connosco. Se algo fallou ao cargar o teu arquivo, podes poñerte en contacto connosco de balde a través do teléfono 900 622 700 e deseñámosche unha proposta adaptada ás túas necesidades e requirimentos.
O aforro que che amosamos tras cargar a túa factura á web corresponde ao prezo da enerxía para os seguintes seis meses e aos descontos vixentes no momento da consulta. Estes descontos aplícanse na túa tarifa (factura) de luz e, no caso de seres cliente Yoigo, na túa tarifa de telefonía pola contratación de luz. Esta oferta é vixente só no momento da consulta.
Cero euros e cero compromisos! O noso comparador é 100% gratuíto. Podes usalo as veces que precises para comprobar canto aforrarías pasándote a Yoigo. Se che gusta o que ves e decides vir, xenial. Se prefires pensalo, tan amigos.
Por unha banda, verás o aforro xeral que terías se tiveses contratada a tarifa estable de luz de Yoigo. Este importe dependerá da túa potencia contratada e do teu consumo, e consta dun aforro consolidado entre a factura de luz e a de telefonía no caso de seres cliente Yoigo. Finalmente, por outra banda, verás o detalle dividido polo aforro na túa factura de electricidade e o teu aforro na factura de telefonía, cos descontos mensuais por contratar luz.
Facilísimo! Na mesma pantalla onde ves o teu aforro terás un botón para contratar a tarifa que elixiches. Só tes que seguir os pasos na web, darnos uns poucos datos e nós encargámonos do resto da papelada. Sen cortes de luz, sen leas e sen que teñas que chamar á túa compañía actual para darte de baixa.
Basicamente, para descubrir se estás pagando de máis pola túa enerxía. Ao subir a túa factura de luz actual, o noso comparador analiza o teu consumo actual e diche exactamente canto pagarías de menos connosco. Así de claro, directo e sen rodeos. Despois ti elixes se queres contratar ou non.