Tarifa de luz
Comunidade de veciños

Desconto

30

€

IVE incl.

Contratando online

Yoigo LUZ y GAS - Tarifa de Luz comunidade de veciños

POR QUE DEBES CONTRATAR UNHA TARIFA DE LUZ PARA A TÚA COMUNIDADE DE VECIÑOS?

Tarifa eléctrica como Yoigo

Con Yoigo LUZ y GAS é fácil: non tes que preocuparte polos horarios nin polas permanencias. Para a túa tranquilidade ofrecémosche un prezo estable para os próximos
6 meses
Transcorrido este período, o prezo pode actualizarse cun máximo fixo que pode revisar aquí. Avisaremos con 30 días de antelación. Ademais, informámosche de que na primeira revisión de prezos, o prezo máximo sería de 0,184 €/kWh (sen impostos), que só se aplicaría se a fórmula empregada para calcular o prezo máximo resultase nun prezo superior ao indicado.
, para que desfrutes de luz 100% verde na túa comunidade de veciños ou na túa vivenda.

Desconto

30

€

IVE incl.

Contratación online

*(10€/mes durante 3 meses)

Prezo estable 24h

0,149€/kWh

con impostos:

Inclúe IVE do 21% e imposto eléctrico do 5,113 % (cun mínimo de 1 €/MWh).Para Islas CanariasO prezo con IGIC do 3 % e imposto eléctrico do 5,113 % é de 0,161 €/kWh. Se é persoa física con vivenda habitual e potencia menor a 10 kW, o IGIC está exento e o prezo sería de 0,157 €/kWh.
0,190€/kWh

Prezo da potencia

O tramo val abrangue de luns a venres de 00 h a 8 h e as 24 h de fins de semana e festivos nacionais non substituíbles e con data fixa. O tramo punta de luns a venres de 8 h a 00 h.

Tramo val0,0595€/kW día

con impostos:

Inclúe IVE do 21% e imposto eléctrico do 5,113 % (cun mínimo de 1 €/MWh).Para Islas CanariasO prezo con IGIC do 3 % e imposto eléctrico do 5,113 % é de 0,0644 €/kW día. Se é persoa física con vivenda habitual e potencia menor a 10 kW, o IGIC está exento e o prezo sería de 0,0626 €/kW día.
0,0757€/kW día
Tramo punta0,1334€/kW día

con impostos:

Inclúe IVE do 21% e imposto eléctrico do 5,113 % (cun mínimo de 1 €/MWh).Para Islas CanariasO prezo con IGIC do 3 % e imposto eléctrico do 5,113 % é de 0,1445 €/kW día. Se é persoa física con vivenda habitual e potencia menor a 10 kW, o IGIC está exento e o prezo sería de 0,1403 €/kW día.
0,1697€/kW día
  • E se es cliente de Yoigo, desconto de 6€/mes (IVE incluído) na factura do teléfono por cada conexión eléctrica que traias. É apilable!
  • Paneis solares?
    Pagámosche pola enerxía que non consumes
    prezo de mercado

    Prezo de compensación de excedentes. Octubre 2026: 0,082909 €/kWh

Desconto

30

€

IVE incl.

Contratación online

*(10€/mes durante 3 meses)

Prezo estable 24h

0,149€/kWh

con impostos:

Inclúe IVE do 21% e imposto eléctrico do 5,113 % (cun mínimo de 1 €/MWh).Para Islas CanariasO prezo con IGIC do 3 % e imposto eléctrico do 5,113 % é de 0,161 €/kWh. Se é persoa física con vivenda habitual e potencia menor a 10 kW, o IGIC está exento e o prezo sería de 0,157 €/kWh.
0,190€/kWh

Prezo da potencia

O tramo val abrangue de luns a venres de 00 h a 8 h e as 24 h de fins de semana e festivos nacionais non substituíbles e con data fixa. O tramo punta de luns a venres de 8 h a 00 h.

Tramo val0,0595€/kW día

con impostos:

Inclúe IVE do 21% e imposto eléctrico do 5,113 % (cun mínimo de 1 €/MWh).Para Islas CanariasO prezo con IGIC do 3 % e imposto eléctrico do 5,113 % é de 0,0644 €/kW día. Se é persoa física con vivenda habitual e potencia menor a 10 kW, o IGIC está exento e o prezo sería de 0,0626 €/kW día.
0,0757€/kW día
Tramo punta0,1334€/kW día

con impostos:

Inclúe IVE do 21% e imposto eléctrico do 5,113 % (cun mínimo de 1 €/MWh).Para Islas CanariasO prezo con IGIC do 3 % e imposto eléctrico do 5,113 % é de 0,1445 €/kW día. Se é persoa física con vivenda habitual e potencia menor a 10 kW, o IGIC está exento e o prezo sería de 0,1403 €/kW día.
0,1697€/kW día

COMO PODES CONTRATAR A TARIFA DE LUZ PARA A COMUNIDADE DE VECIÑOS?

Podes contratala 100% en liña, en poucos pasos e sen papeis innecesarios. Nós encargámonos de todo.

O cambio é gratuíto!
Sen cortes nin permanencia!

Tes preguntas? Dubidar é de persoas sabias

Como baixar o recibo da luz dunha comunidade de veciños?

Empezade polo que máis impacta: a potencia contratada e os hábitos nas zonas comúns. Cambiar as lámpadas do edificio a tecnoloxía LED, poñer detectores de presenza no portal e nas escaleiras, e axustar os temporizadores do garaxe (se tedes) adoitan dar resultados moi rápidos que se notan decontado nas contas da comunidade.

Que debo revisar na factura da luz dunha comunidade de veciños?

Non vos quededes só co importe total. Como representantes da comunidade, revisade:

  • Termo de potencia: o que pagades fixo pola potencia contratada (lembra, no noso caso sempre será para potencias de ata 15 kW).
  • Termo de enerxía: o que pagades polos kWh reais consumidos polo portal, o ascensor, etc.
  • Peaxes, cargos e impostos: os custos regulados por lei. Se algo non vos cadra, comprobade tamén o período facturado e se a lectura dese mes foi real ou estimada.

Como inflúe a potencia contratada no recibo de luz dunha comunidade de veciños?

Moitísimo! A potencia é unha parte fixa da factura: pagádela mes a mes aínda que non se acenda nin unha lámpada. Se tedes contratada de máis, estades pagando un sobrecusto innecesario. Se quedades curtos, saltarán os plomos cando coincidan, por exemplo, o uso do ascensor e as luces do garaxe. Acertar coa potencia exacta é clave para reducir os gastos da comunidade.

Como reclamar unha factura de luz excesiva na comunidade de veciños?

Primeiro, revisade se hai cambios de lectura, períodos anómalos ou picos de consumo. Despois:

  • 1. Contactade coa comercializadora coa factura e o detalle do problema.
  • 2. Se a orixe é de contador/rede (distribuidora), solicitade revisión.
  • 3. Se non se resolve, podedes acudir a consumo (OMIC/servizos de consumo autonómicos). Ter o histórico de consumo e potencia axudaravos a argumentar mellor.

Que documentos se necesitan para dar de alta a luz nunha comunidade nova?

Normalmente, pedirémosvos: os datos do representante legal (presidente ou administrador), o enderezo do punto de subministración do edificio, o número CUPS (aparece en calquera factura antiga), a potencia desexada (inferior a 15 kW) e o IBAN da conta bancaria da comunidade. Se é un edificio de nova construción ou unha alta desde cero, a distribuidora eléctrica tamén requirirá o Boletín Eléctrico (CIE).

Como podes coñecer a potencia óptima que necesitas?

Pensa nos equipos que adoitan funcionar á vez: ascensor, iluminación, porta de garaxe, bombas… e nos momentos de máis actividade. O ideal é apoiarse en datos reais: con ferramentas de seguimento de consumo podes ver picos e axustar con máis seguridade.

Como podemos cambiar a potencia contratada?

O presidente ou administrador pode solicitar o cambio directamente coa vosa comercializadora. É un axuste administrativo que non adoita requirir obras no edificio, aínda que se aplican posibles custos regulados pola distribuidora.

Que pasa se excedemos a potencia contratada?

En subministracións pequenas como as que ofrecemos (menos de 15 kW), se a comunidade demanda máis enerxía da contratada nun momento dado, simplemente "saltarán os plomos" (o ICP cortará a subministración temporalmente por seguridade). Se vedes que a luz do bloque salta de forma recorrente, é un sinal claro de que toca revisar e subir lixeiramente a potencia para que todo funcione sen interrupcións.

Non eran estas? Accede a toda a información e ás preguntas frecuentes na sección de axuda.