Compensamos
a pegada de carbono,
xuntos.
Moita xente ten na súa lista de cousas que facer na vida plantar unha árbore. Aquí non queremos listas, gústannos as accións.


E, como se fai iso da compensación de CO2?

Hai gas, hai compensación
Cando un cliente contrata gas, poñémonos en marcha para compensar a súa pegada de carbono.
Respectamos a contorna
Buscamos unha zona con necesidade de reforestación para poder axudar e repoboar respectando a contorna 🍃.
Plantamos árbores e absorbemos CO2
Contabilizamos o CO2 que emite cada cliente e imos plantando árbores para que o absorba e, á súa vez, vaia xerando osíxeno.
Faise ben, ou non se fai
Profesionais van coidando e abonando estas árbores para que medren fortes e poidamos estar orgullosos. Delas e de nós.
A seguridade é un plus
Plantamos as árbores en alvéolo, e non en semente, para asegurar que se van enraizar correctamente.
Cousas
que cambian
as cousas
Zona de repoboación
Praia de Torimbia, Llanes (Principado de Asturias).
Motivo de reforestación
Varios incendios provocaron hai anos que esta zona forestal e gandeira se degradase.
Especies plantadas
Especies autóctonas da zona: bidueiro, pradairo, salgueiro, castiñeiro, aciñeira e capudre.

Tes preguntas? Dubidar é de persoas sabias
Imos ir contabilizando o consumo dos nosos clientes de gas e mes a mes imos ir plantando as árbores para compensar a pegada de carbono que se vai xerando.
Os coidados dependerán da especie da túa árbore e da época do ano na que se atope. Contaremos coa axuda de persoal especializado de Bosquia para coidalo o mellor posible.
Imos reforestar a zona da praia de Torimbia, en Llanes (Principado de Asturias).
Conforme vaiamos avanzando coa reforestación, imos ir informando os nosos clientes de toda a evolución. Esta é unha acción conxunta, e sempre estaredes informados.
Non imos obrigarte a quedar e estaremos contentos de poder ter colaborado contigo en compensar todo o CO2 emitido polo teu consumo.
Non eran estas? Accede a toda a información e ás preguntas frecuentes na sección de axuda.