Como podo acollerme á compensación simplificada?

Unha vez finalizada a instalación fotovoltaica, no proceso de legalización na túa Comunidade Autónoma hai que indicar que nos queremos acoller á modalidade de compensación simplificada de excedentes.

A Comunidade Autónoma dispón duns días para informar á empresa distribuidora de electricidade da túa zona e esta debe comunicalo á súa vez nuns días á túa empresa comercializadora de electricidade. A lei que regula a compensación de excedentes é relativamente recente polo que este proceso aínda pode demorar algo máis do desexado segundo o teu lugar de residencia.

Unha vez rematada a túa instalación, o teu instalador debe facilitarte o certificado de instalación eléctrica de xeración e este debe achegarse cando fagas o rexistro na túa Comunidade Autónoma indicando que te queres acoller á modalidade individual de compensación simplificada de excedentes.

Estas comunidades revisarano e comunicaranllo á distribuidora da túa zona que se poñerá en contacto contigo a través da túa comercializadora (se somos nós confirmarémoscho en canto o recibamos).

Unha vez realizado este trámite poderemos comezar a realizar a compensación dos teus excedentes.