Necesito instalar un novo contador?

Non debes preocuparte de nada, só necesitas un contador bidireccional. Se o teu non o é, actualizarase no mesmo momento en que a distribuidora active o teu autoconsumo.

Como funciona un contador bidireccional?

O contador bidireccional é un dispositivo que se caracteriza por medir a enerxía eléctrica nos diferentes sentidos polos que transcorre. Por un lado, rexistra aquela enerxía que pasa da rede xeral ao domicilio que a ten contratada, e por outro, contabiliza a enerxía que chega ao domicilio, pero que xa non é necesaria, e, polo tanto, volve á rede eléctrica. Este dispositivo está adquirindo un gran valor porque o contador tradicional tan só rexistra a enerxía que un domicilio recibe da rede.

O labor do contador bidireccional faise notar cando se coloca nunha edificación que se autoabastece de enerxía a través das placas solares. Cando as placas reciben a enerxía procedente da luz solar, este contador rexistra a enerxía que xeran e automaticamente resta esa enerxía á que se consumiu a través da rede.

Esta función logra que a final de mes o usuario tan só abone o que consumiu. Ademais, se hai un excedente de enerxía que non se consumiu, as placas enviarana de novo á rede. Este labor do contador bidireccional supón unha vantaxe para o usuario, xa que cando a distribuidora lea o contador, enviará á comercializadora a cifra de enerxía que sobrou para que se aplique un desconto ao usuario.