Que é un código CUPS?
Esta é fácil. O CUPS (Código Unitario de Punto de Subministración) é o que usamos para identificar o teu punto de subministración. É como o DNI electrónico do fogar.
Non hai dous CUPS iguais, así que nos axuda a realizar o cambio de compañía de forma rápida e sinxela.
Non sabes onde está? Só tes que coller unha factura da túa compañía actual e buscar na sección de datos do contrato. Verás que é un código de entre 20 e 22 caracteres, con letras e números. Non ten perda!