Canto custa cambiar a potencia de luz contratada?
Por desgraza, si. As modificacións de potencia ou tarifa teñen un custo, que pon a distribuidora e que cobra a través nosa.
Ese custo componse de dúas cantidades. Por unha parte 10,94 € (IVE incluído) que se cobra por realizar calquera tipo de cambio. Pola outra, se aumentas a potencia, arredor de 4,50 € por cada 0,1 kW aumentados.
Por poñerte un exemplo: se reduces a túa potencia, pagarás 10,94 €. En cambio, se aumentas 0,2 kW de potencia contratada, pagarás 19,92 € (os 10,94 € por realizar un cambio e 8,98 € polo aumento de potencia).
Se vives nas Canarias, aplicaraseche o IGIC en vez do IVE (aínda que, con certas condicións, pode non aplicarse).
A raíz do cambio de tarifa de xuño de 2021, hai algunhas condicións nas que non se cobra parte do cambio. Se o teu aumento de potencia non supera a potencia máis alta que teñas (por exemplo, se subes a túa potencia punta de 3 a 3,5 pero a túa potencia val xa estaba en 3,8), non se che cobrará a parte do aumento de potencia (pero si a peaxe por realizar un cambio). Ademais, durante o primeiro ano despois do cambio regulatorio, se ademais de non superar a potencia máis alta estás facendo o primeiro ou segundo cambio, tampouco se cobrará a peaxe.
Podes estimar o que che custaría o cambio entrando no noso formulario de venda e chegando ao terceiro paso (o de “O teu produto de luz”).