Como estimades os prezos co CUPS de luz?

Cando calculas “O teu prezo Yoigo LUZ y GAS”, dásnos o teu número CUPS (o identificador do contador). Con esa información, nós podemos acceder á potencia que tes contratada e ao consumo que realizaches o último ano.

Despois, multiplicamos eses datos polo noso prezo para simular o que terías pagado connosco. E, por último, dividímolo entre 12 para darche unha estimación mensual. Fácil, non?

Lembra que ese número é unha media, xa que o normal é que uns meses pagues máis e outros, pagues menos. Se queres realizar unha consulta moito máis fiable (aínda que un pouco máis longa) podes usar o noso comparador de facturas. Iso si que non falla, xa que cruzamos o teu consumo real co prezo do kWh que terías pagado de ter estado connosco, indicándoche o aforro que terías tido con Yoigo LUZ y GAS.