Realmente ten un impacto no medio ambiente?

A resposta curta: Por suposto que si.

A resposta longa é un pouco máis complexa:

Debido ao funcionamento do mercado da electricidade, non se pode controlar a orixe exacta dese electrón que chega á túa casa para acender a lámpada. Os produtores de electricidade “envórcana” toda na mesma rede, e de aí distribúese ata cada fogar. Desta maneira aseguran que un problema nun produtor determinado nunca poida deixar sen luz a ningún cliente.

O que facemos nós é asegurarnos de comprar ás produtoras de enerxía verde a mesma cantidade que a que consomen os nosos usuarios, para manter así o equilibrio. Certificamos esta compra con Garantías de Orixe seladas por un organismo oficial (CNMC).

Cantos máis clientes se pasen a ese modelo e maior sexa a demanda desta electricidade, maior será tamén o investimento no sector e, pouco a pouco, iremos inclinando a balanza cara á luz 100% verde.

Non esperes máis e súmate á enerxía limpa logrando ademais un aforro considerable na túa factura da luz coas tarifas de luz para particulares e para empresas de Yoigo LUZ y GAS.